O Concello de Marín, a través do CIM pon en marcha un ESPAZO DE ACOMPAÑAMENTO SOCIOLABORAL, co lema CONSTRUÍNDO CAMIÑOS. Trátase dun recurso de atención, orientación e acompañamento para a mellora da situación persoal, social e laboral das mulleres vítimas da violencia de xénero e aquelas en situación de vulnerabilidade. Organízase a través de dous accións: un módulo básico de sensibilización en igualdade de 12 horas de duración, en soporte virtual e a posta en marcha dun recurso de atención sociolaboral para mulleres con necesidades específicas no ámbito social e laboral que aconsellen este tipo de medida, con itinerarios personalizados no acceso aos recursos formativos, laborais ou sociais que cada vez teñen máis marcado carácter dixital: solicitude de citas sanitarias, obtención da vida laboral, selado da tarxeta do paro de forma dixital, formularios online para o acceso a un posto de traballo, usos e obtención do DNI electrónico... Este recurso estará disponible dous días á semana, mércores e xoves, en horario de 9.00 a 14.00 horas, nas instalacións da casa principal da Finca de Briz. Estas accións garanten unha atención integral de carácter global ás mulleres con dificultades nestes ámbitos, en todas as esferas das súas vidas, axudando a construción dun novo camiño con proxectos que revitalicen as súas ilusións. Os obxectivos a lograr con este programa serán: proporcionar autonomía persoal, social e laboral e fomentar o empoderamento das mulleres en situación de vulnerabilidade, contribuir á diminución da brecha digital femenina referida á carencia en competencias dixitais que dificulta o acceso ao mercado laboral e a recursos básicos sanitarios, trámites coas administracións, de empregabilidade ou formativos. Garantir unha formación básica en igualdade necesaria para o establecemento dunha visión social e persoal libre de estereotipos e estructuras patriarcais e a súa transmisión a través da educación das súas crianzas en igualdade. Os resultados esperados son óptimos na mellora da situación persoal, social e laboral das mulleres que participen nas actividades do Espazo de Acompañamento sociolaboral e consecuentemente producirá unha mellora da súa calidade de vida e das súas familias. Para máis información poderán dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres do Concello de Marín, ubicado na RÚA A COSTA, S/N (FINCA DE BRIZ) ou a través dos teléfonos: 986891802/671497112.