25N- Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Cada 25 de Novembro, entre actividades escolares e concentracións, atópase un dos actos máis sinalados que se celebran no Concello de Marín son os Premios Lazo Violeta. que pretende por en valor a labor e o esforzo dalgúns marinenses en relación a protección e visibilización e loita contra a violencia machista.
No 2020, “O Concello de Marín, por decisión do Consello Municipal da Muller, adicará o XI Premio Lazo Violeta que tradicionalmente se outorga o 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a todos os colectivos de profesionais que interveñen nos casos de violencia de xénero no municipio e que traballaron -e traballan- duramente durante a pandemia para loitar contra unha lacra que non entende de confinamentos.”
Cada 25N organízase unha programación especial nos centros educativos, e coa colaboración do profesorado, se desenvolven actividades didácticas dirixidas ao alumnado de todalas idades co fin de sensibilizar en materia de igualdade e contra a violencia de xénero. A continuación amósase a axenda 25N coas actividades desenvoltas no ano 2020:
A caixa máxica da igualdade
Esta actividade ten o fin de iniciar na lectura utilizando como fío condutor os contos infantís en valores de igualdade e contra a violencia de xénero.
“A caixa máxica de Igualandia”. O alumnado coñecerá a dúas personaxes, Igualdina e Igualdín que viven nun lugar chamado Igualandia. Queren facerlles un agasallo, unha caixa coas súas lecturas favoritas para ler na clase. Esta boneca foi fabricada artesanalmente por unha muller vítima de violencia de xénero marinense chamada Alma que fixo da súa experiencia negativa unha fortaleza.
Cadeas rotas
Exposición de arte fotográfica que contou coa participación de mulleres vítimas de violencia de xénero marinenses que facilitaron a súa imaxe para loitar contra esta terrible lacra.