Qué é a violencia de xénero?
Calquera acto violento ou agresión, baseado nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada.
(Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega par a prevención e o tratamento integral daviolencia de xénero)

Tipos de violencia de xénero
- A violencia física
- A violencia psicolóxica
- A violencia económica
- A violencia sexual
- A violencia institucional
- A violencia vicaria
- A trata de mulleres e nenas con fins de explotación
Qué facer?
- O primeiro paso que podes dar é explicar a túa situación a outras persoas e pedir axuda. Aconsellámosche buscar a axuda de familiares e amizades de confianza. Tamén debes facer o mesmo se no teu contorno detectas un posible caso de violencia de xénero.
- Chama ao 016. eléfono gratuíto de información e asesoramento xurídico, as 24 horas do día e en 51 idiomas, garantizando a confidencialidade.
- Chama ou visita o Centro de Información ás Mulleres máis preto de ti (o telf. do CIM de Marín é 986 891 802).
- Se es menor de idade e cres que alguén do teu contorno está sufrindo violencia de xénero, podes chamar a ANAR, ao número de teléfono 900 20 20 10.
- Consulta a web de recursos de apoio e prevención ante casos de violencia de xénero (WRAP), que permite a localización dos recursos policiais, xudiciais e de información, atención e asesoramento máis próximos á túa localidadeVisitar ligazón
- Podes contar co servicio ALBA de atención a mujeres sordas víctimas de violencia de género Visitar ligazón
Recursos
Primeiros signos de maltrato
- Ridiculízate, faite sentir inferior, torpe ou inútil.
- Íllate, impídeche relacionarte con familiares ou amizades, ponse celoso ou provoca unha pelexa.
- Ameázate, humíllate, grítache ou insúltate en privado ou en público.
- Faite sentir culpable, que tí tes a culpa de todo.
- Ameaza con facerche dano a tí ou á túa familia.
- Dáche medo a súa mirada ou os seus xestos.
- Contrólache o diñeiro, a forma de vestir,
- Revisa o teu teléfono móbil e as redes sociais.
- Agrediute algunha vez físicamente.
- Forzoute a manter relacións sexuais en contra da túa vontade.
- Ameaza con quitarche as túas fillas ou fillos se o deixas
Unha relación saudable é aquela baseada nos principios de confianza e respecto mutuo. Se na túa relación aparece algunas das actitudes que citamos, debes estar alerta e actuar.