Marín con “M” de Mulleres (Subvención SI435A) é una iniciativa que busca ofrecer actividades formativas e de coidado persoal dirixidas principalente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, pero que están abertas a todas a veciñas da localidade. En total, ofértanse 60 prazas distribuidas en 6 actividades:
- Taller de coaching persoal
- Obradoiro de intelixencia emocional
- Sesións de mindfulness e autocoidado
- Espazo sobre alimentación saudable en cada etapa da vida
- Taller de Arteterapia
- Curso de Impresión vexetal e preservación botánica no rural
OBXETIVOS
O obxectivo principal é previr a violencia de xénero, mellorar a situación das vítimas e apoiar a mulleres con responsabilidades familiares non compartidas ou en situación de vulnerabilidade.
ACTIVIDADES
Dentro do programa MARÍN CON M DE MULLERES leváronse a cabo as seguintes actividades:
- Obradoiro de coaching persoal. Líder da mina vida: do 9-30 setembro.48h. De 900-12.00h.uso de ferramentas de motivación para a busca de autonomía persoal, habilidades de resiliencia, desafíos, manexo do estres e desenvolvemento de habilidades e ruptura coas limitacións. Metodoloxía práctica e participativa. Uso dunha linguaxe inclusiva e igualitaria.
- Taller de intelixencia emocional. Quen son?:do 17-30 setembro.20h. De 12.00-14.00h.reforzo das habilidades emocionais, a autoregulación e o establecemento de relacións positivas e non abusivas metodoloxía práctica e participativa. Uso de linguaxe igualitaria.
- Taller de autocoidado e alimentación saudable en cada etapa da vida: do 15-29 setembro.20h. De 16.30-18.30h. Conciencia de coidar a alimentación e estudo individual dos casos para mellorar a calidade de vida. Uso de linguaxe igualitaria.
- Taller de técnicas de atención plena. Mindfulness: do 9-22 setembro.20h.de 10.00-12.00h. Manexo de técnicas para o estres.
- Metodoloxía práctica. Uso dunha linguaxe igualitaria.
- Taller de impresión vexetal e botánica no rural: do 24-30 setembro. 20h.de 10.00-14.00h. Metodoloxía práctica usando a botánica para obter tinguiduras, estampados. Participativa. Uso dunha linguaxe igualitaria.
- Obradoiro de artes expresivas. Arteterapia: do 23-30 setembro.20h.de 10-13.30h. Uso da arxila como terapia de apoio.
Módulos específicos
- Módulo igualdade do obradoiro de artes expresivas. Arteterapia: 6 horas totais. Días 26 e 29 de setembro. Aula da finca de Briz. Impartíronse os módulos de prevención da violencia de xénero, a perspectiva de xénero e estereotipos de xénero.
- Módulo igualdade do taller de impresión vexetal e botánica no rural: 4 horas totais. Días 26 e 29 de setembro. Centro Social Parroquia de Mogor. Impartíronse os módulos de prevención da violencia de xénero e estereotipos de xénero.
- Módulo de igualdade do taller de técnicas de atención plena. Mindfulness: 4 horas totais. Días 9 10 de setembro. Aula finca de Briz. Impartíronse os módulos de prevención da violencia de xénero e estereotipos de xénero.
- Módulo de igualdade do taller de intelixencia emocional. Quen son?: 6 horas totais. Días 17,18,19 de setembro. Salón de actos do museo Manuel Torres. Impartíronse os módulos de prevención da violencia de xénero, a perspectiva de xénero e estereotipos de xénero.
- Módulo de igualdade do obradoiro de coaching persoal Líder da miña vida: 18 horas totais. Días 9, 10,11, 12,15 e 16 de setembro. Impartíronse os módulos de prevención da violencia de xénero, a perspectiva de xénero e estereotipos de xénero.
- Módulo de igualdade do taller de autocoidado e alimentación saudable en cada etapa da vida: 6 horas totais. Días 15, 17 e 18 de setembro. Impartíronse os módulos de prevención da violencia de xénero, a perspectiva de xénero e estereotipos de xénero.
Os módulos foron impartidos con soportes audiovisuais, prácticas sobre os seus contidos e debates grupais. Os contidos foron os seguintes:
- Prevención da violencia de xénero: Conceptos básicos. Ciclo da violencia. Tipos da violencia. Recursos. Novas masculinidades.
Bibliografía e webgrafía
- A perspectiva de xénero: conceptos básicos. Políticas de igualdade. Uso dunha linguaxe inclusiva. Estereotipos de xénero: conceptos sexo-xénero. Modelos sociais. Adquisición de roles. Axentes de socialización.
RESULTADOS
O programa MARÍN CON M DE MULLERES obtivo uns resultados excepcionais.
Todas as mulleres formaron grupos de apoio, fortaleceron as súas redes e melloraron a súa situación persoal.
Proporcionaráse un certificado de participación que será entregado cando realicen os cuestionarios de resultado inmediato para mellorar o seu Curriculum e favorecer a súa empregabilidade nos casos en que sexa necesario. A demanda de todas elas é continuar con este programa nos seguintes anos pero alongando a súa temporalidade pois polas circunstancias en que foron concedidos obrigaron a facer as actividades de forma intensiva.
Os resultados positivos foron extensibles ás materias prácticas impartidas e tamén sobre a cualidade do profesorado.
Este programa foi posible grazas á subvención do Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero SI435A, financiado parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.

