Centro de información ás mulleres (CIM)
O Concello de Marín a través do Centro de Información ás Mulleres (fundado en 2004), pon a disposición de toda a cidadanía este novo espazo na páxina web Municipal centrado na sensibilización en materia de igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.
Neste novo espazo poderás atopar
- Recursos de sensibilización co fin de fomentar valores de coeducación e igualdade na infancia.
- Información e recursos de cara a deteción e apoio á violencia hacia as mulleres.
- Visibilización de actividades e actuacións que se desenvolvan na comunidade dirixidas á igualdade.
Punto de Intercambio Familiar (PIF)
Este servizo municipal pioneIro (o segundo en España) dirixido en conxunto polo CIM de Marín e AMENAC, facilita un lugar neutral para levar a cabo a entrega e recollida de menores nos rexímenes de visitas onde exista ruptura de parella. Favorece o dereito fundamental das crianzas a manter a relación con ámbolos dous proxenitores ou outros familiares autorizados legalmente e a protección da muller vítima de violencia de xénero.
A quén vai dirixido?
Serán persoas usuarias do PIF municipal aquelas con domicilio no Partido Xudicial de Marín, que teñan un dereito de visita estipulado a nivel xudicial a favor dunha crianza, onde exista ruptura da parella.
Cales son algúns dos obxectivos?
- Facilitar o intercambio das crianzas coa persoa proxenitora non custodia e, de ser o caso, coa súa familia extensa.
- Acadar a normalización das relación familiares de xeito que o recurso chegue a resultar innecesario para a familia.
- Favorecer o cumprimento do réxime de visitas como dereito fundamental das crianzas a manter a relación con ambas as dúas persoas proxenitoras despois da separación.
Qué é o CIM?
É un recurso municipal gratuíto de intervención global. Proporciona:
- asesoramento xurídico
- atención psicolóxica
- información sobre a consecución da igualdade entre mulleres e homes.
A quén está dirixido?
A mulleres que o demanden, especialmente vítimas de xénero, ou calquera persoa, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero.