III Plan Estratéxico de Igualdade entre Mulleres e Homes. Concello de Marín (2017-2021)
“O plan é o marco necesario que serve de base e vertebra todas e cada unha das accións necesarias para acadar a igualdade entre mulleres e homes. Este marco debe ser transversal, aplicándose en todas as áreas de traballo, en todas as concellerías e en cada organismo ou institución do noso concello, debe atender á pluralidade e diversidade da nosa poboación, fomentar a participación e ter presente en todo momento a perspectiva feminista da igualdade.”
Obxectivos específicos
- Promover a igualdade entre homes e mulleres, creando un acceso igualitario aos recursos.
- Incluír medidas para que aumente a participación da poboación en todos os ámbitos.
- Facer visibles as prácticas discriminatorias para proceder á súa eliminación.
- Adoptar medidas para eliminar barreiras de discriminación.
Contido
• 9 áreas de actuación prioritarias.
• 17 obxectivos.
• 104 actuacións que lle dan forma.
• Indicadores de cumprimento en cada área.
• Organismos implicados na consecución dos obxectivos. Engloba obrigatoriamente a todos os órganos, servizos e áreas municipais en xeral.
Áreas de actuación
- Empoderamento, participación sociocomunitaria e diversidade
- Estratexia Municipal, cooperación e medios de comunicación
- Cultura, ocio, deporte e xuventude
- Educación en igualdade
- Formación, emprego e conciliación da vida persoal, familiar e laboral
- Medio rural
- Interculturalidade
- Saúde e calidade de vida
- Violencia de xénero e discriminación
Preme aquí para consultar o plan: