“Calquera que sexa a liberdade pola que lotamos, debe
ser unha liberdade baseada na igualdade”. Judith Batler
Dámosvos a benvida a este curso de Sensibilización en Igualdade!
Esta actividade formativa ten o obxectivo xeral de introducir o tema da igualdade e pretende acadar un mínimo de sensibilización nesta temática mediante a utilización da perspectiva de xénero en todas as accións que se realizan no día a día.
Este curso está financiado polo Concello de Marín, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), correspondendo coa actuación Servizo de accións de intervención socioeducativa en materia de igualdade de xénero.
Obxectivos específicos do curso:
Coñecer os conceptos básicos sobre a igualdade de oportunidades de mulleres e homes.
Realizar unha aproximación á situación das mulleres e homes no espazos reprodutivos e produtivos.
Dotar ao alumnado das competencias necesarias para contribuír a mellor desenvolvemento da sociedade.
Reflexionar sobre as causas e as formas da violencia de xénero.
Duración: 12 horas lectivas.
Docente: Rita María Rey Souto. Técnica en Promoción de Igualdade de Xénero.
Certificación: Tras rematar o curso coa cualificación de (APTA/O), o Concello de Marín expedirá un certificado de aproveitamento.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.