Novas

 In Sin categoría

AXUDAS EXTRAORDINARIAS DIRIXIDAS AOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES PARA A PRESTACIÓN DE ACTIVIDADES DE APOIO ÁS FAMILIAS PARA FACERLLE FRONTE AO IMPACTO DA COVID-19 DURANTE O ANO 2020.

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra concedeu unha axuda ao Concello de Marín para a prestación de actividades de apoio ás familias co obxectivo de achegar esta medida ao maior número de familias con necesidades de conciliación no municipio de Marín.

Poderase participar en dúas liñas:
1.- O desenvolvemento de proxectos para favorecer a corresponsabilidade e a conciliación persoal, familiar e laboral que facilitan o coidado de menores de 14 anos durante o peche de centros escolares ou mentres se manteñan as restriccións de asistencia do alumnado debido ás medidas de protección sanitaria.

2.- Programa Municipal de Teleasistencia Domiciliaria. Servizo de coidado a distancia orientado á atención de persoas maiores en situación de dependencia cuxas familias non están en disposición de abandoar os seus postos de traballo, facilitando así a conciliación familiar e laboral.

Máis información no CIM do Concello de Marín. Teléfono 986891802.

Recent Posts

Leave a Comment

Start typing and press Enter to search